DIVINA

ACTIVIDADES REALIZADAS CO ALUMNADO - DIVINA ORÓNS, PROFESORA DE MATEMÁTICAS
  • Supervisión da introdución dos datos medidos na nosa estación, na páxina de MeteoGalicia, os xoves e os venres, co alumnado de 4º ESO.
  • Nesta presentación pódese ollar o traballo do alumnado.


  • Traballo na aula, na clase de Matemáticas co alumnado de 3º ESO, para elaborar representacións gráficas (chuvia, temperaturas máxima e mínima, oscilación térmica...), con comparativas dos nosos datos e doutras dúas estacións (Cervantes e Vigo).
  • Nesta presentación observamos o traballo do alumnado.


  • Na seguinte presentación aparece o tratamento gráfico dos datos, a análise dos mesmos e as conclusións.



  • Entrevista dun alumno de 3º ESO a un familiar, xubilado de Muxía, para coñecer como eran as condicións climatolóxicas na zona e como afectaban á súa profesión no mundo da mar (motorista) . A gravación en vídeo da entrevista pódese ver e escoitar no vídeo final do proxecto.

  • Realización da montaxe dun excelente vídeo ( resumo do traballo desenvolvido no proxecto), co alumnado de 4º ESO na aula de informática.
    •  




  • Realización das seguintes montaxes con PhotoPeach.