OLALLA

ACTIVIDADES REALIZADAS CO ALUMNADO - OLALLA GARCÍA, PROFESORA DE EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL

  • Realización dunha presentación para iniciar ao alumnado de 3º ESO, no deseño de instrumentos de medición meteorolóxica.

 
  • Os alumnos e alumnas de 3º ESO, despois de estudar e observar as características propias dos distintos instrumentos de medición meteorolóxica, deseñaron diferentes modelos de pluviómetros, cataventos e anemómetros coa intención de construílos posteriormente no taller de tecnoloxía. Os debuxos, que foron presentados por cada un dos autores/as ao resto dos seus compañeiros/as de clase, debían incluír indicacións dos materiais necesarios para a súa construción, valorándose o emprego de materiais de refugallo: cartóns, cortizos, madeiras, plásticos…
  • A profesora creou un excelente vídeo dos "meteodeseños" desenvolvidos polo alumnado.




  • Nesta presentación poden ollarse os traballos realizados polo alumnado.




  •  
    • Outra das tarefas centradas no estudo do clima, proposta ao alumnado de 4º ESO, consistiu na toma de fotografías do noso ceo tres días cada semana. Con esta actividade aprendemos que a análise tanto da cantidade (cuberto, despexado, nubes illadas...) coma dos distintos tipos de nubes (cirros, estratos, cúmulos, nimbos...) axuda no prognóstico do tempo.
    • Na seguinte presentación observamos o ceo muxián ao longo de varios meses.