XURXO

ACTIVIDADES REALIZADAS CO ALUMNADO - XURXO SÁNCHEZ, PROFESOR SUBSTITUTO DE TECNOLOXÍA

Aínda que, tal e como informaron desde Innovación Educativa,  non será recoñecido o seu traballo no proxecto co certificado correspondente, por ser un profesor substituto , está a colaborar recollendo a tarefa da profesora de Tecnoloxía. Agradecementos de todos nós!!!
  • Supervisión da elaboración de maquetas dos aparatos de medición, co alumnado de 3ºPDC.
  • Unha mostra do traballo nas seguintes imaxes.
CarlosCristianAna

E aquí temos case rematados algúns dos cataventos que nos permitirán medir a dirección do vento.


Agora pasamos do obradoiro de Tecnoloxía á aula de Plástica para o rematado final.


Na aula de Plástica as profesoras Olalla García (no curso pasado) e Ana Mª Loriente (neste curso), xunto co alumnado, foron as encargadas de rematar o traballo dos cataventos.

E aquí temos o resultado final...



Outra maqueta, deseñada por un enxeñeiro e construído por Ismael, un alumno de 3º da ESO.