O alumnado e profesorado do IES Ramón Caamaño recibimos o 1º Premio do Programa MeteoEscolas, en recoñecemento do traballo, esforzo e interese da comunidade educativa.
D. Vicente Pérez Muñuzuri, Director de MeteoGalicia, Dª Ángeles Lago, de MeteoGalicia e D. Alberto Sacido Romero, Asesor de Innovación Educativa da Consellería de Educación, fixéronnos entrega dos agasallos.
- Estación meteorolóxica automática con varios sensores para medir temperatura, humidade, precipitación, vento...
- Libros sobre meteoroloxía e climatoloxía para a biblioteca do centro.
- Certificado de 1º Premio MeteoEscolas para o centro.
Iniciou o acto da entrega do premio o director do noso centro, D. Ricardo Ventosa.
A continuación Claudia, alumna de 2º ESO, recordou o traballo desenvolvido no curso pasado dando paso a un vídeo resumo do mesmo.
A continuación Zoraida, alumna de 1º de ESO, contounos como xa están a coller o relevo na tarefa das medicións na Estación MeteoMuxía.
E Santi, alumno de 4º de ESO, fíxonos un avance do novo proxecto co que nos queremos comprometer neste curso.
Salientaron como importante o feito de traballar todos xuntos, coa colaboración de moitos departamentos.
Darlle as grazas ao Concello de Muxía, que estivo representado por Dª Mónica Vilela da Concellería de Muller e Xuventude, por ceder o salón para a realización do acto.