MARGA

ACTIVIDADES REALIZADAS - MARGARITA TOBÍO, PROFESORA DE BIOLOXÍA E COORDINADORA DO PROXECTO

COMO COORDINADORA:
  • Redacción do proxecto.
  • Introdución na aula virtual de información relacionada co proxecto.
  • Realización dalgunhas presentacións.
  • Creación do blog MeteoMuxía.
  • Gravación dalgúns vídeos.
  • Coordinación das xuntanzas e das comunicacións co profesorado participante.
  • Realización dos cuestionarios de avaliación (alumnado e profesorado).


  • Redacción da memoria, coa colaboración do equipo interdisciplinar.
 CO ALUMNADO:
  • Elaboración da ficha semanal de anotación dos datos medidos.

 
  • Supervisión das medicións na nosa estación meteorolóxica, os martes e xoves, con 1º ESO.
  • Nesta presentación recóllese o traballo do alumnado.


  • Supervisión da introdución dos datos medidos na nosa estación, na páxina de MeteoGalicia, os luns, martes e  mércores, co alumnado de 4º ESO.
  • Nesta presentación pódese ollar o traballo do alumnado.

 
  •  Supervisión da preparación do parte meteorolóxico para a fin de semana, todos os xoves con  alumnos do grupo da radio Buserana (12 alumnos/as forman o grupo).
  • Nesta presentación poden ollarse os partes elaborados.


 
  • Coordinación da emisión do programa de radio "MeteoMuxía", todos os venres con alumnos do grupo da radio Buserana (2º e 3º ESO).
  • Nesta presentación recóllese o traballo do alumnado.

  •  Realización de experimentos relacionados coa presión atmosférica. Un grupo de alumnos de 1º ESO explican o fundamento dos experimentos mentres son gravados en vídeo.
  • Nesta presentación pode ollarse o traballo  dos alumnos, no laboratorio.


 
  • Elaboración dun guión para traballar cos contidos dos paneis de ExpoMeteoro.

  • Participación co alumnado de 1º ESO  en ExpoMeteoro, exposición cedida por MeteoGalicia e que foi solicitada polo Departamento de CSXH. Tivémola no noso centro uns días do mes de abril.
  • Nesta presentación pode ollarse a exposición no noso centro coa que os alumnos, melloraron a súa formación en Meteoroloxía.