5 may 2013

MeteoMuxía


No IES Ramón Caamaño estamos a traballar neste curso académico 2012-2013, de forma interdisciplinar e xunto co alumnado, no Proxecto “O Meu Clima” dentro do Programa MeteoEscolas (Plan Proxecta).

Queremos promover entre o alumnado a integración de diferentes materias nun ámbito de aprendizaxe colaboradora, de interdependencia, fomentando as interaccións e responsabilidades individuais e de grupo, que sirvan para desenvolver as oito competencias básicas e a educación en valores.

Buscamos abordar os contidos curriculares de xeito integrado, ver as conexións e contribucións ao tema climático entre diferentes materias, involucrando activamente o alumnado no proceso de construción do coñecemento.

Ticando nas pestanas da zona superior do blog, poderedes ollar que se está a facer nas diferentes materias.
 
                                                                ABRENTE EN MUXÍA

                                                                  SERÁN EN MUXÍA